HERDANZA 2024

Residencia de Creación – Do 2 ó 7 de Setembro
Proxeccións- 3 e 4 de Setembro
Formación – Do 4 ó 6 de Setembro
Espectáculos – Do 5 ó 7 de Setembro

Que? A oitava edición do festival herDanza . Un festival de Danza en Claustros, Rúas e espazos abertos de Santiago de Compostela.

As características particulares e diferenciadoras deste festival é a rotunda aposta por creadores e creadoras galegas que estén traballando tanto dentro de Galicia como fóra.

Porqué? Dende este festival se busca a dinamización, promoción e presentación dende a danza contemporánea , pero sen pechar a barreira co resto de formas de danza que alimentan a escena contemporánea hoxe en día.

Como? O festival desenvolverase durante unha semana ofrecendo diversas actividades en torno á danza. Talleres formativos, residencia de creación, proxeccións e espectáculos de danza en Claustros e Espazos Abertos de Compostela.  Espectáculos de pequeno e mediano formato e distintas formas de ver e sentir a danza.

Entendemos a cidade de Santiago como un escenario perfecto polo que a nósa idea é sempre interferir o mínimo no patrimonio e disfrutar de el ó maximo , elíxense con moito coidado onde se vai situar cada peza para a posta en valor e descubrimento deste patrimonio do que disfrutamos. As exhibicións serán de entrada gratuíta.


PROPOSTA E PRODUCCIÓN DE
Can Cun Quinqué

BAIXO A DIRECCIÓN DE
Leodan Rodríguez Casas e Isabel Sánchez Temprano

AXUDANTE DE PRODUCCIÓN
Xurxo Barcala

CO APOIO DE
Concello de Santiago
Auditorio de Galicia
Gadisa

E A COLABORACIÓN DE
Museo do Pobo Galego
Centro Xove da Almáciga
Institut Français
CGAC
IES de SAR
CDAN – Lugo