TÁNGUELA / Myriam González
Sábado 9 de Maio – 14:00
Casa das Máquinas



Título Tánguela
Duración 15 min
Direción, Coreografía e Interpretación: Myriam González
Co-dirección: Julia Laport
Espazo sonoro: Genosidra
Vestiario: Elise Abella
Imaxes: Cía. Myriam González
Sinopse
Tánguela é un solo de danza que explora a beleza dentro do roto.
Un corpo que, ao deformarse, convértede no territorio dunha loita íntima: controlar o incontrolable, ordear o que se escapa, buscar beleza nunha anatomía que intenta atopar o seu lugar.
A peza indaga na tensión entre o control e o descontrol e a necesidade de orden.
Un espazo de dola do seu propio corpo.
Pertenzo realmente a este lugar? A este corpo? A este estándar?
Myriam González (Ferrol, 2001) é unha bailarina e creadora emerxente baseada na Coruña. Con formación en técnicas en danzas urbanas e contemporánea, actualmente centra o seu traballo no Waacking e na creación contemporánea.
Myriam codirixe xunto a Eloi García a compañía Tuatha, dúo de danza que estrea o seu primeiro espectáculo para espazos non convencionais, DOVEA, en xullo de 2023.
Forma parte como creadora e intérprete doutras compañías, como o Colectivo D’elas, cos espectáculos OCCO e É Difícil Fotografar o Baleiro, espectáculo de longo formato estreado en abril de 2024 no Teatro Jofre.
Bernarda, cara de leoparda, produción de Punto Y Waack (cía. integrada por 5 bailarinas de Waacking da Coruña) e OCCO, do colectivo D’elas, son pezas finalistas no Certame Coreográfico de Compostela nos anos 2021 e 2022.
O seu primeiro solo, Hoje venho falar de min, é finalista no certame Me, Myself & I (Madrid, 2024).
Nesta nova produción, TÁNGUELA, Myriam conta coa creadora Julia Laport como asistenta de dirección e o espazo sonoro do músico Genosidra, especializado en noise e hardbass. TÁNGUELA recibe a subvención á nova creación de AGADIC 2025/26.
Myriam González

