Leodan Rodriguez Casas

Comenzou a súa etapa de formación de danza na Escola de Arte Vocacional de Guantánamo, en 1989, onde estudiou danza moderna e folclórica. Máis tarde, continuou a súa aprendizaxe na Escola Nacional de Danza de Cuba e en 2003 obtivo a licenciatura en Danza do Instituto Superior de Arte de Cuba, como intérprete e coreógrafo.
Durante estes años, formouse con profesionais  como Ladislao Navarro, David Zambrano, Marianela Boan, Eugenio Barba, Minako Seki  e Dominique Mercy, entre outros. Como intérprete, traballou en grupos como Danza Fragmentada, onde comenzou a súa carreira profesional; na Compañía Danza Abierta e Teatro Retazos.

A partir do 2004,  Leodán Rodríguez comeza a desenrolar a súa actividade artística en España, participando en produccións como Der Damon, con coreografía de Sabine Dahrendorf para o Centro Coreográfico de León; e en compañías como Losdedae, dirixida por Chevy Muraday nas obras Sumérgete, Onion e Me amontono, entre outras. Como creador, firma as pezas “A medio metro de lo vivido”, con Kirenia Martínez Acosta, e “Certificado de Existencia”, creado coa coreógrafa Ana Continente  e o músico Javier Aparicio.

Dende 2011, dirixe a súa propia firma, La Incidente D-T, con sede en Santiago de Compostela. Con este sello produce as obras “Cierzo” xunto a videocreadora Margherita Morello; “Stay”, “Paseo por la danza” e “Absentia” creado con Compañía Cisma. Así como “Hambre”  de produción propia y estreada no 2015 na Zona C de Santiago de Compostela e “Aunar”.

En 2017, leva a cabo unha residencia de creación para o festival herDanza con bailaríns de danza urbana da que xurde a peza “Surco”, que é a sua última creación. Ese mismo ano é elixido para levar a cabo o proxecto Remezcla Popular, para facer unha reinterpretación coreográfica de “Cara Pintada” de Janet Novas; dentro do programa Jastas Pista do Colectivo Rpm.

De xeito paralelo a estes traballos , forma parte da danza improvisada colectiva “Imprevisibles”.
Combina este traballo coa súa faceta educativa de daza contemporánea, así como varias intervención  no ámbito audiovisual . Ademáis  da súa implicación na danza como elemento de transformación social, a través de diversos proxectos de integración.

Actualmente, codirixe o Festival HerDanza en Santiago de Compostela, así como o centro de Danza e Artes Escénicas Can Cun Quinqué, na mesma cidade.