Xestión Cultural

Traballamos na xestión cultural impulsando proxectos que buscan conectar a danza contemporánea co seu contexto social e artístico. A través da organización de festivais, encontros, residencias e outras iniciativas, tratamos de apoiar a creación, favorecer o intercambio entre artistas e xerar espazos de encontro co público.

Interésanos especialmente desenvolver propostas que dialoguen co territorio e cos espazos que habitamos, abrindo a danza a formatos diversos e accesibles. Dende este lugar, procuramos contribuír, na medida do posible, ao desenvolvemento e á visibilidade das artes do movemento.

FESTIVAL HERDANZA

CERTAME COREOGRÁFICO COMPOSTELA

DÍA DA DANZA