DÂNSÂI / Adrián Herrera
Sábado 9 de Maio – 14:00
Casa das Máquinas


Título: DÂNSÂI
Duración: 12 min
Dirección e Coreografía: Adrián Herrera
Permorfer: Adrián Herrera
Música: Varios autores
Vestuario: Loli Rubias
Sinopse
“Sombra de luz nacente no ocaso, nacente no ocaso, sombra inqueda, sombra inqueda de ramas floridas, de ramas floridas, sementado, sementado para sobrevivir ao tempo, para sobrevivir ao tempo.”
Dânsâi é unha peza inspirada no encontro cunha das múltiples especies de árbores que o artista atopou na súa visita a Cali: o Ficus Elástica (Dansai Ichijiku), pertencente á biodiversidade de Colombia.
Tamén se sustenta na propia investigación e percepción do movemento do artista, que, chea de posibilidades, leva ao límite a apertura articular desde a danza contemporánea e a acrobacia.
Esta peza trata das posibilidades que ofrece a biomecánica e a ergonomía das especies mariñas invertebradas, e de como estas poden chegar a trasladarse ao corpo humano e a adoptar os seus tecidos musculares.
Adrián Herrera (Bailarín / Coreógrafo / Director da Cía. Germen Dance Project)
Titulado en Grao Superior, Técnico en Actividades Físicas e Deportivas por CDS Badaxoz e graduado como Técnico Especialista en Fauna e Ecoloxía Mariña por Alen Formación.
En 2002 comeza a integrarse na danza co grupo de folclore Nosa Señora da Antiga en Mérida.
En 2010 fórmase de maneira autodidacta en breakdance, participando en varias competicións a nivel nacional e internacional, sendo xurado nalgunhas delas.
En 2017 comeza a formarse en danza contemporánea con Alba Gog (Mérida), participando na súa obra Talara e noutros proxectos (Electra, As Bacantes, Medusa, Minotauro), nalgúns como bailarín e asistente de coreografía.
Continúa o seu percorrido e formación con recoñecidos profesionais como Lucio Baglivo (Bos Aires), Elías Aguirre (Madrid), Marion Casteillet (Francia), Ian Garside (Reino Unido), Igor Calonge (Donosti) e Chey Jurado (Badaxoz), entre outros.
En 2018, Adrián Herrera comeza a presentar os seus propios proxectos e outros en colaboración con coreógrafas/os, bailarinas/es e músicos.
O seu traballo, desde o que desenvolve a súa investigación actual, caracterízase pola converxencia de técnicas de danza contemporánea, técnicas de breakdance e a atracción polos tecidos, a biomecánica e a ergonomía das especies mariñas invertebradas.
Ademais de traballar xunto a Alba Gog como intérprete na Cía. Germen Dance Project, destaca a súa participación como bailarín na Cía. Pan.Optikum (Alemaña), Cía. Albadulake (Extremadura) e en obras como o musical Aroma de Roma con Sonia Golden e Woody Aragón, Texturas e Obxectos (con compositoras/es Rebeca Santiago, Sergio Blardony, Zulema de la Cruz, Enrique Muñoz, entre outros), Serrana (Cía. Albadulake de Ángeles Vázquez Solvern), Encesa Nadal e Empreinte (Cía. Pan.Optikum), e DIONISIO: El Origen del Teatro de Literal Escena.
Adrián Herrera

