Nesta VIII Edición dende o Festival herDanza volvemos a ter o pracer de poder colaborar co CGAC e o INSTITUT FRANÇAIS no visionado de dúas pezas documentais.
As proxeccións serán o Martes 3 e o Mércores 4 ás 17:30 no Auditorio do CGAC.
Os filmes serán proxectados en versión orixinal con subtítulos en español.
Acceso libre e gratuito.
Non fai falta inscripción previa.
MARTES 3 ás 17:30
INDES GALANTES (2020)
Philippe Béziat
Francia, 108 min, VOSE
É a estrea para 30 bailaríns de hip-hop, krump, break, voguing… E tamén para o director Clément Cogitore e para o coreógrafo Bintou Dembélé. E unha novidade para a Ópera de París. Ao crear un diálogo entre a danza urbana e a canción lírica, xuntos reinventan a obra mestra barroca de Jean-Philippe Rameau, ‘Lles Indes Galantes’, e o documental plásmao desde os ensaios ata as representacións públicas.
MÉRCORES 4 ás 17:30
ALLONS ENFANTS (2022)
Thierry Demaizière, Alban Teurlai
Francia, 114 min, VOSE
A historia transcorre no instituto Turgot, no distrito 3 de París, e o baile é o protagonista. No centro ensínase baile moderno e hip hop a mozos en risco de exclusión social, a cambio de que aproben as materias xerais de secundaria e bacharelato. Trátase non só de convertelos en artistas de hip hop, senón de romper coa cíclica situación que condena aos mozos de familias sen recursos a ser seres vulnerables polo seu compoñente marxinal.


