6 SET – WTF! | Obradoiro HerDanza

6 de Setembro do 2024 de 10:30 a 13:30

WTF! | Obradoiro HerDanza con Ay, Cariño! (Cris Vilariño e Diego M. Buceta)

Esquece por un intre o teu corpo terrestre. Trata de imaxinarte como outra cousa.
Permítete por un momento moverte fóra do común, de maneira estrana e fermosa,
irrecoñecible.
Baseándonos en diferentes técnicas como o body weather ou a improvisación,
propoñemos unha sesión na que a través de diversas prácticas creativas e de
movemento dar cabida a todos os corpos que habitan en nós. De xeito desenfadado,
sen prexuízos, dende o desfrute. Para descubrir así novas facetas do noso propio
movemento.

CRIS VILARIÑO

Diplomada en danza contemporánea polo Conservatorio Profesional de danza de Lugo, son tamén licenciada en Xornalismo e conto no meu haber cun posgrao de Fotoperiodismo.

A danza butoh, o body weather e diversas técnicas de improvisación foron os alicerces da miña investigación persoal. Cheguei a este camiño da man de Matilde Javier Ciria, e continuei afondando con diferentes mestres como Yumiko Yoshioka, Rizomee Le, Atsushi Takenuchi, YukioWaguri, Andrés Corchero ou Hisako Horikawa, así como coa aprendizaxe autodidacta e a experimentación continua.

Como creadora e intérprete, levo a cabo numerosos proxectos como Cyan (2021), MUUM (2017), Ven bailar á Verbena (2017), Liminal (2015) ou Haiku (2012), sendo cocreadora noutros espectáculos como A gala (2018) e Incerteza (2017) da cía. Licenciada Sotelo, Todas as cartas de amor son ridículas (2017), PINDO (2014), Oda Maritima (2014) ou De página en blanco (2012) do Colectivo Tanuki.

Como intérprete, participo en diferentes producións como Serva me, Servabo te (Pálido Domingo/ Centro Dramático Galego, 2021), Trenza (2020) e NIDO/ RIZOMA (cía. Sharon Fridman, Holanda, 2016).

Actualmente colaboro coa compañía Licenciada Sotelo e sigo a desevolver os seus proxectos persoais.

Como docente impartín clases regulares a nenos e adultos, así como obradoiros intensivos de body weather, laboratorios de movemento e improvisación, conciencia e sensibilidade corporal. Levo a cabo diversos procesos creativos con adolescentes e investigo sobre a relación da creatividade e os procesos educativos.

No curso 2017/2018 dirixín a aula de danza da Universidade de Ourense e en 2019 encabezo o proxecto MASA (Mover As Aulas) do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. En 2020 poño en marcha o proxecto LED (Lugo en Danza), programación e mediación ao redor das artes do movemento, financiado pola Área de Cultura do Concello de Lugo.

DIEGO M. BUCETA

Titulado superior en interpretación textual pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2005-2009), no ano 2010 ingreso no Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid, estudos que remato no Conservatorio Profesional de Danza de Granada no ano 2015.

Complemento a miña formación con profesionais como Lucas Condró, Patricia Caballero, Sharon Fridman, Lali Ayguadé, Les Slovaks, Rootlessroot Company, Jose Agudo (Akram Khan Company), Jorge Crecis, Daniel Abreu, Dairakudakan Temputenshiki, Cranämour Company e Hisako Horikawa entre outrxs.

Desenvolvo a miña carreira profesional en montaxes de creadorxs e compañías como Aitana Cordero (Los Besos, Santander, 2023), Roberta Ferrara (Nostos- il ritorno, Italia, 2022), Lucía Marote (El Ojo del huracán, Madrid, 2021), A Friend in the OrchidRoom Company (Study about repetition and efforts, Bélxica, 2021), Voadora (A amnesia de Clío, Galicia,2020), La Coja Dansa (Lloc Joc Xoc, Valencia, 2019), La Imperfecta (Upbeat/ downbeat, Madrid, 2019),Álvaro Frutos (Waterloo, Zaragoza, 2017/ 2018), Sharon Fridman (Nido/Rizoma, Holanda, 2016) e TinoSehgal (Instead of Allowing Some Thing to Rise Up to Your Face Dancing Bruce and Dan and Other Things, Sevilla, 2015/ 2016) entre outrxs.

Como creadorx, entre os anos 2017 e 2021 dou vida a diferentes proxectos dentro da plataforma de movemento Pálido Domingo, firmando xunto con Belén Bouzas e Fran Martínez os espectáculos Non hai que ser unha casa para ter pantasmas (2017) – premio da Crítica no Certame Coreográfico deMadrid 2018 e segundo premio no certame DanzaXtrema 2019- , Pentecostés (2020) e Serva me, servabo te (2021), este último como produción propia do Centro Dramático Galego.

As vacacións máis longas é o meu primeiro traballo en solitario, finalista no certamen Sólodos en Danza2018 e recoñecido co premio á Mellor Interpretación no certame M2/ Festival FIOT (Galiza) 2018.

INFORMACIÓN XERAL DOS TALLERES E INSCRIPCIÓN

OUTROS TALLERES DO FESTIVAL