4 de Setembro do 2024 de 10:30 a 13:30
Ritmos da Alma: Afrocontemporáneo e Expresión Corporal con Lisvet Barcia Cabrera
O taller terá unha estrutura de clase. Quecemento, centro, chan, diagonais e coreografía onde o meu interese é ensinar e transmitir o meu estilo de baile que se apoia na súa relación coa simboloxía na danza. Aspectos importantes: O obxectivo é combinar elementos da danza afrocubana con técnicas e conceptos da danza moderna e contemporánea. A expresión corporal e a conexión coa música estarán en todo momento relacionados coa axuda de ritmos africanos e afrocubanos. O uso do corpo en relación co chan, a enerxía rítmica e a expresión natural mesturaranse. Búscase que os participantes connecten coas súas emocións e exprésenas a través do movemento, promovendo unha conexión profunda entre o corpo e o espírito.

LISVET BARCIA CABRERA
Nacida en Cuba y graduada como Bailarina e Profesora de Danza Contemporánea e Folclórica s Cubanas. Licenciada en Danza Contemporánea (ISA. CUBA) 1ra Bailarina da Cía Danza Contemporánea de Cuba quen bailou pezas de Rafael Bonachella, Chevi Muraday, Eduardo Vallejo Pinto, Itsik Galili, Carlos Acosta, Jan Linkens, Juan Cruz, entre outros. Coreógrafa de pezas da súa autoria Nai, Rem Adverso, Espazo Interior, Medusas, Metades dun Mesmo todo. Durante 6 anos na Compañía de Danza Nacional de Cuba bailou en diferentes Teatros importantes do mundo. No mundo do entretenemento e circo traballou como coreografa, aerialista, capitá, cantante e solista de baile.
Graduada como profesora tamén leva un amplo percorrido como profesora de Danza Contemporánea e outras técnicas e estilos de baile.
INFORMACIÓN XERAL DOS TALLERES E INSCRIPCIÓN
OUTROS TALLERES DO FESTIVAL
- Contact Improvisation con Leodan Rodríguez Casas
- 5 de Setembro de 10:30 a 13:30
- WTF! | Obradoiro HerDanza con Ay, Cariño! (Cris Vilariño e Diego M. Buceta)
- 6 de Setembro de 10:30 a 13:30
