5 de Setembro do 2024 de 10:30 a 13:30
Contact Improvisation con Leodan Rodríguez Casas
Neste taller estudaremos pasos primarios do estudo do contacto improvisado e o desenvolvemento dun movemento e dunha linguaxe corporal que renace constantemente.
A técnica de contacto improvisado é unha técnica na cal puntos de contacto físico provén un punto de partida para a exploración do movemento a través da improvisación. É, por tanto, unha forma de danza de improvisación favorecendo o traballo en grupo e a confianza.
Contidos a traballar:
Importancia do peso e masa no traballo do contacto
Estudo dos eixos imaxinarios interno externo, do lineal ao redondo.
Control do centro para chegar ao espazo esférico
Traballo de manipulación e escoita da motricidade
A exploración na improvisación e o continuo comunicado a dar e recibir

LEODÁN RODRÍGUEZ CASAS
Comenzou a súa etapa de formación de danza na Escola de Arte Vocacional de Guantánamo, en 1989, onde estudiou danza moderna e folclórica. Máis tarde, continuou a súa aprendizaxe na Escola Nacional de Danza de Cuba e en 2003 obtivo a licenciatura en Danza do Instituto Superior de Arte de Cuba, como intérprete e coreógrafo.
Durante estes años, formouse con profesionais como Ladislao Navarro, David Zambrano, Marianela Boan, Eugenio Barba, Minako Seki e Dominique Mercy, entre outros. Como intérprete, traballou en grupos como Danza Fragmentada, onde comenzou a súa carreira profesional; na Compañía Danza Abierta e Teatro Retazos.
A partir do 2004, Leodán Rodríguez comeza a desenrolar a súa actividade artística en España, participando en producciónspara o Centro Coreográfico de León; e en compañías como Losdedae, dirixida por Chevy Muraday.
Como creador, firma as pezas “A medio metro de lo vivido”, con Kirenia Martínez Acosta, e “Certificado de Existencia”, creado coa coreógrafa Ana Continente e o músico Javier Aparicio.
Dende 2011, dirixe a súa propia firma, La Incidente D-T, con sede en Santiago de Compostela. Con este sello produce as obras “Cierzo” xunto a videocreadora Margherita Morello; “Stay”, “Paseo por la danza” e “Absentia” creado con Compañía Cisma. Así como “Hambre” de produción propia y estreada no 2015 na Zona C de Santiago de Compostela e “Aunar”.
En 2017, leva a cabo unha residencia de creación para o festival herDanza con bailaríns de danza urbana da que xurde a peza “Surco”.Ese mismo ano é elixido para levar a cabo o proxecto Remezcla Popular, para facer unha reinterpretación coreográfica de “Cara Pintada” de Janet Novas; dentro do programa Jastas Pista do Colectivo Rpm.
De xeito paralelo a estes traballos , forma parte da danza improvisada colectiva “Imprevisibles”.
Combina este traballo coa súa faceta educativa de danza contemporánea, así como varias intervención no ámbito audiovisual . Ademáis da súa implicación na danza como elemento de transformación social, a través de diversos proxectos de integración.
INFORMACIÓN XERAL DOS TALLERES E INSCRIPCIÓN
OUTROS TALLERES DO FESTIVAL
- Ritmos da Alma: Afrocontemporáneo e Expresión Corporal con Lisvet Barcia Cabrera
- 4 de Setembro de 10:30 a 13:30
- WTF! | Obradoiro HerDanza con Ay, Cariño! (Cris Vilariño e Diego M. Buceta)
- 6 de Setembro de 10:30 a 13:30
