L´OISEAU BLEU / Lisvet Barcia
Xoves 5 de Setembro – 17:30
Museo do Pobo Galego



Título L´oiseau Bleu
Duración 12 min
Coreografía e Interpretación Lisvet Barcia
Sinopse
A obra explora a metamorfose dun tipo de dor no seu estado máis profundo de soidade, mostrando como unha pequena ferida emocional pode crecer e consumir toda unha identidade onde o imaxinario é a súa única compañía, transformándose nunha forza que distorsiona a realidade e o simbolismo surreal en ocasións aparece como un mecanismo de supervivencia e adaptación. A obra retrata como, no illamento, a mente humana pode crear seres e paisaxes irreais e transformar a dor nunha experiencia que redefine completamente a existencia, a propia e como os outros nos perciben.
Lisvet Barcia
Nacida en Cuba y graduada como Bailarina e Profesora de Danza Contemporánea e Folclórica s Cubanas. Licenciada en Danza Contemporánea (ISA. CUBA) 1ra Bailarina da Cía Danza Contemporánea de Cuba quen bailou pezas de Rafael Bonachella, Chevi Muraday, Eduardo Vallejo Pinto, Itsik Galili, Carlos Acosta, Jan Linkens, Juan Cruz, entre outros. Coreógrafa de pezas da súa autoria Nai, Rem Adverso, Espazo Interior, Medusas, Metades dun Mesmo todo. Durante 6 anos na Compañía de Danza Nacional de Cuba bailou en diferentes Teatros importantes do mundo. No mundo do entretenemento e circo traballou como coreografa, aerialista, capitá, cantante e solista de baile.
Graduada como profesora tamén leva un amplo percorrido como profesora de Danza Contemporánea e outras técnicas e estilos de baile.
Lisvet Barcia Cabrera tamén dará a seguinte formación dentro do festival
Ritmos da Alma: Afrocontemporáneo e Expresión Corporal
4 de Setembro de 10:30 a 13:30
