



Creación
Clarissa Costagliola. Raquel Jara, Manon Jacquelin e Marcia Vázquez
Interpretación para herDanza
Clarissa Costagliola. Raquel Jara e Marcia Vázquez
Sinopse
Piares dunha estrutura, humanas sen cidade, aparecen nun espazo e marcan as distancias. Como quen mide unha casa antes de engadir os mobles. Ningún espazo é noso, pero durante un tempo parece que puidésemos vivir nel toda a vida se quedamos xuntas. Unha viaxe a través da danza contemporánea e a arquitectura no que unhas sostemos a outras. No que outras somos sos- tidas por unhas. Mulleres que somos como unha casa inhabitada, na que construíndo e deconstruíndo imos recreando un posible fogar. Abandonar lugares, relacións e a nós mesmas. Todo o peso que cada unha deixa tras de si para, unha vez máis, renovar os espazos, vínculos e os nosos corpos . Só o tacto fará que esta estrutura ríxida acabe chea de curvas.
