Creación e interpretación:
Elsa Pereira e Fonsi Millán
Sinopse
A composición instantánea é unha experiencia baseada na improvisación, na que a performance se compón individual e colectivamente en tempo
real. Movemento/danza e son ao servizo dunha actitude explorativa que ten lugar agudizando o sensorial, imaxinativo e intuitivo das pesoas que
a activan en convesa. Partindo do elemento espazo, armamos un relato sobre o que imos traballar na composición que ten unha estructura común, pero contidos moi diversos segundo o lugar onde se deseonolve a performance. O son é composto por un sistema modular cos que crear ambientes e atmósferas sonoras moi diversas e sobre as que se vai emerxendo a guitarra como elemento «analóxico e máis humano». O movemento responderá entón á conversa entre son e espazo dun xeito somático e amplificado polo tema escollido para a ocasión.