RITO / CDAN Lugo x Colectivo Glovo
Xoves 6 de Setembro – 17:30
Casa das Máquinas

Título Rito
Duración 8 min
Coreografía Esther Latorre (compañía Colectivo Glovo)
Asistente Coreografía Julia Penado
Interpretación Alumnado de 5º GPA e GPB do Conservatorio de Danza de Lugo
Lucía Fernández, Diana Parapar, Andrea Núñez, Irma Viana, Claudia Seoane, Estrella Tomé, Lucía Valcárcel, Cayetana Seoane, Celia Redondo, Laura Redondo, Carla Rodríguez, Alicia Balsa e Irea Abuín
Sinopse
RITO é unha creación dancística que explora a forza e a resistencia dun grupo que busca aguantar, manterse e persistir. É unha viaxe emocional que reflexiona sobre a natureza humana máis ancestral e primaria na que cada integrante atoparase na adversidade nun exercicio conxunto de memoria e conexión co pasado para reafirmar a súa propia identidade no grupo.
As distancias quedan diluidas neste tributo á capacidade do espíritu para atopar a fortaleza no continuo.
Esther Latorre
Galega de nacemento, completa a súa carreira graduándose en danza contemporánea no Conservatorio Profesional de danza de Lugo, formando parte da primeira promoción de profesionais en danza contemporánea de Galicia, diplomándose tamén en Maxisterio de Educación Física na mesma cidade. Foi merecedora do Premio á excelencia como intérprete de danza contemporánea.
Desde entón, traballou con compañías en España e Portugal, destacando a compañía Maduixa Teatre como intérprete da peza “Mulïer” galardoada co Premio Max a Mellor Espectáculo de Rúa, Premio Moritz Millor Estrea de Carrer 2016, Premio Umore Azoka 2017 (País Vasco) e Premio Artes Escénicas Valencianas do IVC en 2018) así como en diversas coproducións co Centro Coreográfico Galego.
Foi tamén merecedora do primeiro premio no Certame coreográfico Delmar (Valencia), gañadora do premio a Mellor Intérprete en Danza Contemporánea no 11º Certame de danza Gerard Collins e foi alumna bolseira na Anton Bruckner Privat universität für Musik, Tanz und Schauspiel de Linz, Austria. Tamén, foi merecedora da Bolsa DanceWEB no Impulstanz de Viena, Austria no 35º Certame Coreográfico de Madrid.
Desde 2016 é codirectora do Colectivo Glovo xunto a Hugo Pereira e imparte formacións e talleres de danza e movemento a diferentes niveis, sendo mestra en países como España, Italia, Portugal e México.


