RESIDENCIA CREATIVA CON ANA BEATRIZ PÉREZ

Coreografía

Ana Beatriz Pérez

Producción

Festival Herdanza

Duración

Por determinar

Intérpretes

Samuel Galán

Mara Gómez

Cris Iglesias

Sara Incera

Daniel Lezso

Giovanni Peixoto

Marta Placer

Sonia Troitiño

Xián Varela

TEMÁTICA DO PROCESO DE CREACIÓN – TÍTULO POR DEFINIR

Existe un motor, unha necesidade imperiosa en dotar de sentido as nosas vidas, aínda máis cando o mundo podese vir abaixo e o resto das cousas que facemos podan parecer un chiste, existe un motor interno que se mantén activo, o impulso humano de sobrevivir a toda catástrofe.
Manterse a flote, crebarse o xusto, sen chegar a caer e nese caso, recuperar o alento e esperar o tempo que faga falta para empezar a levantarse.

Inspirarémonos na peza cinematográfica Danzade Danzade Malditos de Sidney Pollack.
Usaremos como motivación a situación que viven os personaxes desta película, reflexo dunha época en que a crise dun país facía eco noutras crises morais e emocionais, extrapolándoo a unha realidade latente.
Bailar como táboa de salvación, confiar na resistencia dun corpo e nos atributos identitarios que dean vantaxe ao
opoñente.
O ser humano en estado continuo de supervivencia, de resistencia, baixo o desexo irrefreable de manterse en pé, de abrirse paso a un presente digno que lles permita evitar a caída, nunha sociedade que lles avoca a caer.

ANA BEATRIZ PÉREZ

Graduada na Escola Nacional de Artes da Habana na especialidade de danza moderna e folclórica (1984-1991). Durante 10 anos foi integrante da compañía Danza Contemporánea de Cuba, coa que participou en varios festivais nacionais e internacionais e diversas xiras artísticas por América e Europa, alcanzando o título de primeira bailarina. No ano 2001 trasládase a España convidada pola Compañía Druída Danza. Bailou coa compañía Druída Danza, Experimenta Danza e Trespasando coa que obtivo dous premios de coreografías e participou en diferentes festivais e galas por diversas cidades españolas ata o ano 2004. No ano 2006 pasa a formar parte da Compañía Entremans ata hoxe día. Do 2006 ao 2009 participa nas tres producións do Centro Coreográfico Galego ”Vacuo” de Maruxa Salas, “O quiosco das almas perdidas” de Roberto Oliván e “Giseliña” de Cisco Aznar. Crea e interpreta xunto a Armando Martén os segmentos coreográficos da peza teatral 0,7% Molotov de Santiago Cortegoso para a Compañía Teatro de Ningures. Compaxina o seu labor artístico coa docencia e colabora en varios proxectos educativos na comunidade asñi como distintos programas de formación e clases regulares. Obtén a licenciatura en Pedagoxía de Danza Estilo Danza Contemporánea que outorga o Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid. Directora da compañía de danza «La Guajira» con sede na Coruña