VÍSCERA / Aselas
Sábado 7 de Setembro – 17:30
Praza de San Martín Pinario

Título Víscera
Duración Por determinar (Peza en residencia de creación durante a semana do festival)
Idea Creativa Loaira Lázare.
Coreografía Lucía González Castro.
Interpretación Loaira Lázare, Lucía González Castro, Ziggi Iglesias.
Imaxe Inés Piñeiro @inespozores
Sinopse
«Víscera» trátase dunha peza de danza contemporánea creada polas bailarinas Loaira Lázare e Lucía González que comezou a crearse no 2021 e que foi finalista no Xuventude Crea no ano 2023. A peza explora a creación conceptual arredor da temática ecofeminista empregando a técnica do flying low e a improvisación, enmarcándose, do mesmo xeito, nas novas tendencias experimentais no ámbito da danza contemporánea da última década. «Víscera» funde danza e interpretación para construir unha narrativa cun ton de denuncia. Para conseguilo, empréganse constantes musicais, poéticas, coreográficas e escenográficas que fan referencia ó estómago, ó oco e ó baleiro. As constantes escenográficas tamén colaboran na construción simbólica dese “muro” encarcelador imposible de gatuñar. Deste xeito, a peza busca ir desdibuxando os movementos ata completar un proceso de animalización final, unha forma de sacar a carraxe visceral acumulada.
En palabras de Luna Miguel: “…debemos abrazar as nosas coxas porque só deste xeito se entende o abrazo. Agora ensíname tí a ser tan mansa…e eu contareiche por que os homes nos matan ”[trad.].
