A XEOMETRÍA DA DISTANCIA: Laboratorio de Creación en Danza Contemporánea
IMPARTE: Rodrigo Benítez Marengo
CANDO: 5 de MAIO de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 20:00
DURACIÓN: 8 horas
PREZO XERAL: 60 € / 40 € (1/2 taller – 4h)
PREZO ALUMNADO CCQ: 50 € / 30 € (1/2 taller – 4h)
CONTIDO
A invitación é a compartir unha experiencia corporal, creativa, sensible, nun contexto de investigación práctica sobre algunhas maneiras de abordar o corpo en distintas relacións de movemento e interacción. Propóñense ferramentas que permitan explorar e expandir as propias linguaxes e coñecementos creativos, sensoperceptivos e corporais. Brindando un espazo de investigación w reflexión respecto á danza, ó corpo e o movemento. Sempre dende unha mirada reflexiva en relación ó corpo, ó pensamento, o estado, a disposición e as interaccións propias da danza e o movemento.
Video
IMPARTE :
Rodrigo Benítez Marengo / Valparaíso, Chile
Na música dende el 2000 e a danza contemporánea dende o 2007. Con experiencias en diversos proxectos e iniciativas, impartindo e recibindo capacitacións, talleres, seminarios, residencias, festivais, cursos e intercambios en danza contemporánea, composición, creación artística, improvisación, música para escena, percusión, educación artística, arte e espacio público, participación cidadá, formulación de proxectos artísticos, culturais, sociais, redes colaborativas, programación de contidos e espacios culturais. En diferentes contextos, espazos, organizacións e institucións de países como Chile, Argentina, Bolivia, Costa Rica, El Salvador, Italia, Francia, Inglaterra e España.
Tamén che pode interesar:
SENSIBILIZACIÓN E ENTREGA EN MOVEMENTO (Intensivo con Mikel Aristegui – 19 e 20 de Maio )