INTENSIVO de VERTICAIS
IMPARTE: Ana Clara Cuervas
DURACIÓN: 6 horas
HORARIO : de 17:00 a 20:00
PREZO XERAL : 70€ ( Só un día 40 €)
PREZO EARLY BIRD (Inscripc antes do 1 de Febreiro): 60€ (Só un día 30 €)
ALUMNADO DE CCQ: 15 % de desconto
+ INFO e INSCRIPCIÓNS: cancunquinque@gmail.com
ESTRUTURA DO INTENSIVO
A través dunha serie de exercicios, melloraremos o coñecemento e o aspecto corporal, traballando consciente e rigorosamente.
- QUECEMENTO
Para comezar a espertar o corpo, quentaremos as articulacións, dando a apertura do obradoiro cun Ioga dinámico coñecido como método YOGA ASHTANGA VINYASA baseado nunha serie de posturas específicas (ASANAS), practicando os uides do movemento e o poder da respiración como meditación. Buscando alivio tensións, xerando unha maior flexibilidade e bo estado físico.
- PREPARACIÓN FÍSICA
Continuaremos cunha serie de exercicios deportivos que permitan a mellora mental e física Estes axudarannos na consecución dos distintos obxectivos marcados no taller, totalmente relacionados co traballo na posición invertida coñecida como VERTICAL ou PINO.
- EQUILIBRIOS SOBRE MANS
Adquirir consciencia do equilibrio despois de ter interiorizado o proceso de tonificación muscular e conciencia corporal, entramos na última etapa de obradoiro. Traballando na posición da vertical e exercitándoa mediante diversas subidas.
Chegando ao final, alargaremos todos os músculos, tendóns e articulacións que traballamos durante o proceso de aprendizaxe mediante o método de GURKEL
