7 SET do 2023- Acomodarse á Arquitectura

7 de Setembro do 2023 de 10:00 a 14:00

Acomodarse á arquitectura con Marcia Vázquez e Clarissa Costagliola

Un obradoiro de site specific impartido por Clarissa Costagliola e Marcia Vázquez onde o corpo entra en simbiose co movemento, a arquitectura, a luz, os sons da entorna, as perspectivas, as texturas das paredes, do chan…
Como habitar un lugar que ten a súa propia historia e as súas propias leis?

Como integrar un corpo en movemento nun espazo non convencional?

Como se relaciona o exterior co interior?

Que espazo ocupamos aquí?

CLARISSA COSTAGLIOLA, Porto Ercole, 1997.

Intérprete e creadora, estudou danza clásica e moderna na escola ASD Costa d’Argento Danza de Orbetello. Logo trasladouse a Florencia durante tres anos ao Opus Ballet.

En 2019 trasládase a España para estudar no Centro Coreográfico de La Faktoria dentro da 2º e 3º  xeración.Actualmente traballa con Marta Coronado, Laida Aldaz e Jesús Rubio.

MARCIA VÁZQUEZ, Vigo, 1994.

Bailarina, creadora e xestora cultural.
Fórmase e batalla dentro das danzas, mais remáta decantándose pola danza contemporánea festudando na Faktoria Choreographic Centre dentro da 3ºe 4º xeración. Actualmente preséntase como creadora, cos seus últimos espectáculos  «Onde pousa a humidade»e «Vaivén», recén estreado no Teatro Rosalía de Castro. Coordina tamén o Festival Escora da Deputación da Coruña.

Ambas coñécense e estudan en Pamplona, que en conxunto coas compañeiras Manon Jacquelin e Raquel Jara forman o colectivo La Veleta. En conxunto tamén forman parte do vídeo danza de Uholdeak, dirixido por Olatz Larumbe, premiado en diversos festivais de cine.

INFORMACIÓN XERAL DOS TALLERES E INSCRIPCIÓN

OUTROS TALLERES DO FESTIVAL