7 SET – 20:00 – LA MONA DE SEDA / Maria de Vicente

LA MONA DE SEDA / Maria de Vicente
Sábado 7 de Setembro – 20:00
Praza da Inmaculada

Título La mona de seda
Duración 8 min

Idea, dirección, coreografía e bailarina María de Vicente
Compositor e intérprete Cristian Durán (Duuma)

Sinopse
Ao longo da vida dásenos moita información sobre o que debemos ser, facer ou pensar, sobre o que se espera de nós, o que é correcto dentro dunha sociedade. A Mona representa a procura da súa esencia ante toda a información e imposición social, cultural e política. Como tenta elixir, entre toda a seda que lle chega, aquela con a que sente Mona.

Maria de Vicente
Bailarina, coreógrafa e docente galega.
Desde o 2013 estivo fincada en Barcelona onde realiza estudos superiores de danza contemporánea en Área Espai de Dansa i Creació e CobosMika. En 2016 comeza a súa carreira profesional como bailarina, coreógrafa e docente. Traballa para diferentes compañías e colectivos como Dimpro, Tixuem ou Colectivo4Ensaios. Tamén traballa na ópera O monstre ao laberint, Antony & Cleopatra e Carmen no Gran Teatre do Liceu, Barcelona. Como docente, nos últimos anos, imparte talleres específicos e clases regulares de danza contemporánea, danza acrobática e danza clásica en espazos como o Centro Cívico Barceloneta, L’auatres ou Paranoia Studi.
Actualmente reside en Vigo, forma parte do elenco de DIQUE da compañía Nova Galega de Danza e investiga na súa só A Mona de seda como artista emerxente no festival ABANEA.

@m.de.vicente

Cristian Durán (Duuma)
Duuma é o proxecto en solitario do músico vigués Cristian Durán. Tras máis dunha década en varias bandas da xeografía galleaa, Duuma comeza en 2020, e en 2021 saen varios singles e un remix para a banda de pop electrónico Fachendoso. Mestura de influencias e de xéneros, de instrumentos electrónicos e acústicos, de pop e de experimental; o obxectivo do proxecto é construír cancións nas que a textura e o timbre teñan un papel tan importante como a harmonía e o ritmo. Actualmente atópase traballando no seu próximo lanzamento e adaptando o proxecto para as actuacións en directo.

Duuma