2ª Quincena de Agosto

Iniciación á Danza Contemporánea 

IMPARTE: Isabel Sánchez Temprano
CANDO:
1ª semana Mércores 21, Xoves 22 e Venres 23 de Agosto
2ª semana Luns 26, Martes 27 e Mércores 28 de Agosto
DURACIÓN: 14 horas (6 sesións de 2.5 horas)
* A elexir entre horario de mañá ou de tarde , ou combinables.
HORARIO DE MAÑÁ: de 12:00 a 14:30
HORARIO DE TARDE: de 16:30 a 19:00

NIVEL
Para todos os niveis.

PREZO: 60 € 

+ INFO e INSCRIPCIÓNS: cancunquinque@gmail.com

imagen_large

CONTIDO XERAL:

Iniciación na danza como método de traballo corporal e expresivo do corpo , esencialmente práctico e como medio de mellora do bensetar físico , psicomotriz e de relación co espacio e coas capacidades motoras.
Iniciación a coreografía dun xeito teórico-práctico estimulando ó proceso creativo e a
capacidade de memoría corporal.

OBXECTIVOS:

  • Coñecer e activar as capacidades motoras.
  • Investigar na conciencia corporal e de relación co espazo.
  • Ampliar e capacitar as dimensións e movemento de cada persoa, e os recursos propios de motricidade.
  • Fomentar a sensibilidade para con a danza e a musica.
  • Aprendizaxes de dinámicas de movemento en relación co equilibrio e o peso.
  • Autocoñecemento do aparato motor do corpo.
  • Aprendizaxe de nocións básicas da rutina física como: quecemento , estiramentos e relaxacións.
  • Entender o movemento dende unha visión individual , grupal e creativa.
  • Aprendizaxe de nocións básicas de coreografía.

COMPETENCIAS:

De carácter práctico e motriz:
• Coordinación e equilibrio
• Capacidade de traballo en grupo
• Conciencia espacial
• Ritmo e capacidade de resposta á música
• Capacidade para utilizar distintas dinámicas
• Memorización de secuencias rítmico-motrices
• Expresión e comunicación

CONTIDOS:
• Coñecemento do corpo e a súa motricidade.
• Coñecemento muscular e articular
• Diferentes xeito de traslación polo espazo
• Diferentes velocidades e calidades de movemento.
• Coñecemento da columna vertebral como eixo de movemento
• Análise do centro de peso do corpo como fonte de equilibrio
• Respiración e métodos de relaxación
• Exercicios de coordinación e psicomotricidade
• Creación, memoria e execución de frases de movemento e coreografía.

METODOLOXÍA

A metodoloxía xirará en torno ó estudio de movemento e coreodrafía , a través de clases esencialmente prácticas a través de diversas técnicas de danza.
Nestas clases afondarase no estudo do corpo e as capacidades motrices, investigando en
formulas para melloralas.