DANZA AFRICANA: Danza Tradicional do Oeste de Africa
IMPARTE: Tania Veiga
CANDO: 26 de Maio e/ou 23 de Xuño de 11:00 a 14:00
DURACIÓN: 3 horas / 6 horas
PREZO XERAL: 35 € – 1 día / 65 € – 2 días
+ info: info@danzataniaveiga.com
Danza tradicional do oeste de África con Tania Veiga from Tania Veiga on Vimeo.
CONTIDO:
Curso intensivo de Danza Tradicional do Oeste de África, con percusión en directo.
Adentrarémonos nun ritmo tradicional para que descubras o teu potencial, para que liberes
estrés, sudes con alegría e reactives a túa vitalidade.
IMPARTE :
Tania Veiga, nada en Sion (Suíza) no 1984, remata o seu doutorado en Bioloxía pola USC en2015. Comeza a súa formación en Danza Tradicional do Oeste de África en 2011, participando en diversos cursos tanto en Europa como en África.
Destaca os cursos máis recentes e de maior duración:
– “Investigación del movimiento a través de la danza africana” de 60h con Cristina Rosa, 2017
– “The March” na Ecole des Sables (Toubab Dialaw, Senegal), 90h, con Aïda Colmenero,Ise
Verstegen, Raouf Tchakondo e Rokhaya Thioune.
– “Formación intensiva y proceso creativo” de 70h con Fanny Heuten, 2018.
Dende 2014 imparte cursos de danza tradicional do oeste de África.
Tamén che pode interesar:
SENSIBILIZACIÓN E ENTREGA EN MOVEMENTO (Intensivo con Mikel Aristegui – 19 e 20 de Maio )