19, 20 e 21 de Abril – LABORATORIO CÓMICO

LABORATOIRO CÓMICO 

IMPARTE: Natalia Outeiro (Pajarito)
CANDO: 19, 20 e 21 de Abril 
HORARIO: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00
DURACIÓN:
24 horas (3 xornadas de 8 horas)
PRAZAS: 12 (por estricta orde de inscripción)
PREZO : 100€  (80€ para alumnado de CCQ)

pajarito2

LABORATORIO CÓMICO 

Ven ca túa idea, cun número ou simplemente a xogar co teu imaxinario cómico. Como nun laboratorio investigaremos sobre as características da comedia, elementos personais e universais da mesma, para chegar a simplicidade única de cada un/unha.

Descubre personaxes propios cos que xogar, dálle a túa técnica un espacio cómico, desenvolve unha idea e déixaa crecer a través da comedia.

Obradoiro baseado en improvisacións, exercicios teatrais, xogos de clown e presentacións individuais, para investigar as personalidades cómicas de cada un/unha, xa sexa dende unha técnica concreta, unha idea, ou unha personaxe por nacer.

Somos orixinais porque somos únic@s, e ese será o experimento. A xogar !!

CONTIDOS

Un obradoiro dinámico e divertido, onde a comedia é a protagonista. Traballaremos dende o mundo do clown polo seu sentido lúdico e a súa extrema sinceridade e transparencia, que fai saír o máis espontáneo de cada un/unha, e dende ahí darlle forma á estupidez que levamos dentro.

OBXETIVOS

  • Descubrir quén somos, qué conflictos temos, a qué nos gusta xogar, e dende ahí, darlle unha estructura a traves da comedia a unha personaxe ou número.
  • Atopar un late motiv para un número ou técnica.
  • Investigar sobre nos mesm@s e o noso lado cómico

 

NATALIA OUTEIRO (PAJARITO)

Natalia Outeiro “Pajarito”, é unha artista cómica con unha carreira profesional de 15 anos. Actriz, payasa e directora. Fórmase na Escola de Teatro e Danza contemporánea Espacio Aberto, tamén na escola de danza Damu de Praga e despois na escola de Circo Criollo en Arxentina. Na súa traxectoria aprende de maestros como Walter Velázquez (Arxentina), Michelle Dallaire (Canada-Francia), Leo Bassi (Italia), Loco Brusca (Arxentina), ou Jango Edwards (EEUU). Como directora participa de cursos con Joel Bedows (Canadá) e Theor Roman (España)

Socia fundadora da Compañía galega Pistacatro, crea na primeira coprodución de circo co Centro Dramático Galego “Kamikaze”. Traballa con compañías como Chévere en “Testosterona”, ademáis de participar directamente coa mesma compañía nas Ultranoites da que foi a Sala Nasa. Actualmente traballa como payasa no espectáculo Outono de Pistacatro, de xira nacional este ano e seleccionado para a feira FETEN.

En solitario ten o espectáculo “A vida tola”, espectáculo individual de rúa creado con Walter Velázquez que percorrío toda Galicia, e tamen paises como Cuba, Arxentina ou Rusia. Pasou por fesivais como varios Festiclowns en Galicia, o Kaldearte en Bilbao, e ven de gañar o premio a mellor espectáculo de rúa no FETEGA, XXIV Festival de Teatro Galego do Carballiño 2018.

Como directora leva creados espectáculos como Peor Imposible de Peter Punk en codireción con Walter Velázquez, Cair (premio do público en Entrepayasaos 2017), Contiguo (premio do xurado en Circada 2017), Desperta, Heroes que se estreará este verán 2019.

 

Tamén che pode interesar: