Iniciación á Danza Contemporánea
IMPARTE: Isabel Sánchez Temprano
CANDO:
1ª semana Mércores 21, Xoves 22 e Venres 23 de Agosto
2ª semana Luns 26, Martes 27 e Mércores 28 de Agosto
DURACIÓN: 14 horas (6 sesións de 2.5 horas)
* A elexir entre horario de mañá ou de tarde , ou combinables.
HORARIO DE MAÑÁ: de 12:00 a 14:30
HORARIO DE TARDE: de 16:30 a 19:00
PREZO: 60 €
+ INFO e INSCRIPCIÓNS: cancunquinque@gmail.com
Iniciación na danza como método de traballo corporal e expresivo do corpo , esencialmente práctico e como medio de mellora do bensetar físico , psicomotriz e de relación co espacio e coas capacidades motoras.
Iniciación a coreografía dun xeito teórico-práctico estimulando ó proceso creativo e a
capacidade de memoría corporal.
OBXECTIVOS:
- Coñecer e activar as capacidades motoras.
- Investigar na conciencia corporal e de relación co espazo.
- Ampliar e capacitar as dimensións e movemento de cada persoa, e os recursos propios de motricidade.
- Fomentar a sensibilidade para con a danza e a musica.
- Aprendizaxes de dinámicas de movemento en relación co equilibrio e o peso.
- Autocoñecemento do aparato motor do corpo.
- Aprendizaxe de nocións básicas da rutina física como: quecemento , estiramentos e relaxacións.
- Entender o movemento dende unha visión individual , grupal e creativa.
- Aprendizaxe de nocións básicas de coreografía.
COMPETENCIAS:
De carácter práctico e motriz:
• Coordinación e equilibrio
• Capacidade de traballo en grupo
• Conciencia espacial
• Ritmo e capacidade de resposta á música
• Capacidade para utilizar distintas dinámicas
• Memorización de secuencias rítmico-motrices
• Expresión e comunicación
CONTIDOS:
• Coñecemento do corpo e a súa motricidade.
• Coñecemento muscular e articular
• Diferentes xeito de traslación polo espazo
• Diferentes velocidades e calidades de movemento.
• Coñecemento da columna vertebral como eixo de movemento
• Análise do centro de peso do corpo como fonte de equilibrio
• Respiración e métodos de relaxación
• Exercicios de coordinación e psicomotricidade
• Creación, memoria e execución de frases de movemento e coreografía.
METODOLOXÍA
A metodoloxía xirará en torno ó estudio de movemento e coreodrafía , a través de clases esencialmente prácticas a través de diversas técnicas de danza.
Nestas clases afondarase no estudo do corpo e as capacidades motrices, investigando en
formulas para melloralas.